A portavoz de Traballo do Grupo Socialista, Noela Blanco, lamentou o veto do PP a unha iniciativa do PSdeG para crear novos instrumentos para loitar contra a igualdade no ámbito laboral e “recuperar a Lei de Igualdade no traballo posta en marcha polo goberno de Touriño e paralizada por Feijóo”. Lamentou a oposición do PP á folga feminista de mañá xoves que que “só apoiarían se non fora nin folga nin feminista porque son dúas verbas que lles provocan urticaria”.
Blanco criticou que o PP teña rexeitado hoxe esta proposta ao tempo que aprobaron unha “declaración de intencións” presentada por eles mesmos como unha “iniciativa – servilleta para lavar a cara”, e que foi aprobada coa abstención dos socialistas galegos.
Sinalou que o goberno conservador presenta “políticas antagónicas” ás socialistas que “lexislamos para ser unha fábrica de dereitos e liberdades, mentres as da dereita pretenden levalas ao desguace”. A pesares disto, apuntou que “o xa basta que entonamos as mulleres deste país non ten volta atrás”.
Acusou ao goberno galego de “darnos as costas e non querer remangarse para mellorar a empregabilidade das mulleres, loitar contra a precariedade laboral e o teito de cristal” e apelou ás deputadas do PP a “abandonar o seu silencio cómplice” e respaldar as reivindicacións a favor da igualdade.
Lamentou que “non as teñamos escoitado levantar a voz contra os que nos faltaron ao respecto ás mulleres, como Baltar, Castelao Bragaña ou o alcalde de Noia” e á “saída da caverna dunha dereita que cada vez que se pon enriba da mesa a loita polos dereitos das mulleres, asoman a patiña máis machista e retrógrada”.
Lembrou o “catálogo de méritos” do PP en materia de igualdade, como foi recorrer ante o Constitucional a Lei do Aborto e a Lei de Igualdade, suprimir a asignatura de Educación para a cidadanía, ou suspendendo as axudas á igualdade nas Pemes polo Instituto da Muller. En Galici, dixo, “non podemos agardar moito cando a propia secretaria xeral de Igualdade defendeu a abstención do PP á Lei de Igualdade no Traballo.
Desigualdade laboral
Noela Blanco propuxo hoxe unha batería de medidas para mellorar a situación laboral das mulleres, cunha taxa de actividade case nove puntos inferior á dos homes, a protección por desemprego baixo mínimos e unha taxa de temporalidade disparada, 4 puntos porcentuais por enriba de 2017.
Advertiu que as mulleres son maiormente as que solicitan permisos nas empresas por coidado de fillos e fillas, xa que das 13.885 rexistradas no ano 2017, o 97,89 por cento foron para mulleres.