A parlamentaria socialista Begoña Rodríguez Rumbo criticou hoxe a negativa “irracional e incomprensible” do PP a habilitar unha matrona para o Concello de Cerceda “a lo menos un día á semana”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión na que alertou da “situación límite” deste servizo para un Concello con 2.531 mulleres.
Rodríguez Rumbo lembrou que actualmente tan só traballa unha matrona en Cerceda dúas horas cada quince días, prestando un servizo que quedou baleiro durante todo o mes de agosto, obrigando ás mulleres a viaxar ata Laracha. Denunciou que “o que se busca é deteriorar o sector público para que as mulleres acudan á atención privada”, e lamentou que “a única aposta clara do PP sexan os seguro privados”.
A responsable socialista sinala que a incorporación do servizo de matronas aos concellos rurais resulta “absolutamente necesario para un servizo público de calidade”, sinaladamente na que o presidente da Xunta “se empeña en cualificar como Lexislatura do Rural”.
Explicou que as matronas supoñen unha “figura esencial” para a saúde das mulleres, desempregando unha tarefa “importantísima” en atención preconcepcional, control do embarazo, postparto, asesoramento e sorporte da lactancia, ou seguimento do neonato.
Tamén participan na realización de probas para prevención de cancro de cérvix, asesoramento en materia de saúde sexual e reproductiva, detección de ETS, consultas na etapa premenopáusica e menopáusica, ou detección e atención na violencia de xénero, sinaladamente durante o embarazo e postparto.