“Foi unha mensaxe de esperanza, de unidade para deixar atrás as diferencias políticas e traballar xuntos para enfrontar a recuperación social e económica, que é o gran reto que temos como país. Ese espírito de unidade que está recollido na Constitución española ao que o rei fixo referencia no seu discurso”
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, considerou que a a do Rei Felipe VI “foi unha mensaxe de esperanza, de unidade para deixar atrás as diferencias políticas e traballar xuntos para enfrontar a recuperación social e económica, que é o gran reto que temos como país. Ese espírito de unidade que está recollido na Constitución española ao que o Rei fixo referencia no seu discurso”.
Formoso apuntou que o monarca destacou “o gran esforzo colectivo na loita contra a pandemia” e “o avance fundamental que supón a extensión da vacina”, aínda que advertiu que o risco “non desapareceu”.
O secretario xeral do PSdeG-PSOE valora que o Xefe do Estado fixera un chamamento a “seguir traballando para paliar as consecuencias económicas e sociais da pandemia, tanto na recuperación do emprego como na protección aos colectivos máis vulnerables”.
“É importante que dediquemos os nosos esforzos a traballar nesa dirección para que a recuperación sexa xusta e solidaria”, afirmou González Formoso, que tamén destacou as palabras do Rei instando a adaptarnos ao cambio e “ir por diante dos acontecementos” nestes tempos complicados e de incertidumes.
Formoso coincidiu tamén co Rei na importancia de aproveitar “a ocasión histórica dos fondos de recuperación europeos, que non podemos desaproveitar, pois será decisiva para o futuro do país”.