O novo secretario xeral electo do PsdeG, Valentín González Formoso encabezou hoxe na Mariña, a representación socialista na folga xeral convocada polos sindicatos UXT, CC.OO e CIG
-Formoso dixo “os socialistas estamos aquí en Burela, clamando por unha comarca que demanda unha garantía de traballo, laboral e industrial e que precisa dun impulso claro por parte de tódalas administracións”
O novo secretario xeral electo do PsdeG, Valentín González Formoso encabezou hoxe na Mariña, a representación socialista na folga xeral convocada polos sindicatos UXT, CC.OO e CIG. Dende alí reclamou un futuro industrial para a Comarca.
O acto central desta xornada consistiu nunha manifestación que saíu do Hospital da Costa de Burela e rematou na praza do Concello. Formoso estivo acompañado pola Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero, ademais dunha ampla representación de Alcaldes, concelleiros e militantes da Mariña Lucense.
Formoso dixo “os socialistas estamos aquí en Burela, clamando por unha comarca que demanda unha garantía de traballo, laboral e industrial e que precisa dun impulso claro por parte de tódalas administracións”, remarcou.
Nesa liña lembrou o traballo realizado dende avogacía do Estado no tocante a Alcoa, “con ese novo varapalo xudicial devolve aos traballadores e traballadoras de Alcoa os seus dereitos, e conseguimos que a parte laboral estea garantida. Pero entendemos que o escenario de carga traballo para Alcoa precisa que se materialice a través dunha adquisición por parte dalgún dos compradores solventes, e a través dun proceso transparente e que garanta un futuro industrial desta Comarca”, advertiu o socialista.