Cumpridas as condicións necesarias para ser precandidatos, comezan a recollida de avais que rematará o día 18 de outubro
Tres militantes socialistas presentaron a súa precandidatura para concorrer ás eleccións primarias nas que a militancia escollerá á persoa que encabezará a candidatura á presidencia da Xunta de Galicia.
Todos os aspirantes cumpren coas condicións necesarias para ser precandidatos e agora comezan a recollida de avais que rematará o día 18 de outubro ás 15 horas.
Os militantes que presentaron a súa precandidatura son:
Manuel Losada Fernández, Agrupación Socialista da Coruña.
José Ramón Gómez Besteiro, Agrupación Socialista de Lugo
Gonzalo Caballero Míguez, Agrupación Socialista de Vigo.