Lage Tuñas advirte que “non é presentable” que o presidente da Xunta “non fixera nada” diante dunha normativa que atenta contra os intereses do sector pesqueiro galego
O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, José Manuel Lage Tuñas, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que viaxe a Bruxelas coa finalidade de “convencer ao PP europeo, que ten a maioría na Comisión, para que retiren un regulamento tan prexudicial para a frota galega”. E advertiu Lage que, se non o fai, Rueda “será cómplice” da decisión que prohibe a pesca do arrastre de fondo.
Nunha rolda de prensa ofrecida en Santiago, Lage afeou que “non é presentable” que a Xunta de Galicia “non fixera nada” para defender ao sector pesqueiro galegos diante dunha norma que atenta contra os seus intereses. Rueda dedicouse a actuar, dixo, como “un presidente silente” ou mesmo facendo “de comentarista dos gobernos de España ou dos gobernos municipais”.
Fronte a iso salientou que quen si estivo coas autoridades comunitarias foi o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, pese a non ser goberno galego acadou o compromiso co comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca de revisar o veto ao arrastre si se aportar informes científicos que así o acrediten.
Tamén puxo en valor o secretario de Organización do PSdeG que o goberno de España, en sintonía con Francia, “fixera os seus deberes” expresando o seu malestar polo regulamento, ao tempo que anunciaron a inclusión dun punto, para o vindeiro Consello de Ministros de Agricultura e Pesca, co fin de revisar esta normativa.
“E Rueda que fixo?, absolutamente nada”, denunciou Lage, que sinalou que si non é capaz de “convencer aos seus compañeiros do PP europeo, que son maioría na Comisión Europea, estaremos diante dun presidente sen peso político”. E o problema non é o peso político, engadiu, senón “as repercusión negativas” que o regulamento pesqueiro ten para Galicia.
O xefe do apartado do PSdeG insistiu en esixirlle ao presidente da Xunta “que poña por diante os intereses das galegas e dos galegos”, e iso significa “ir a baterse o cobre” a Bruxelas. “Se quer que o acompañemos, o noso secretario xeral está disposto a ir con el”, apuntou Lage, e entrevistarse co calquera comisario. Pero é “imprescindible” que Rueda faga este traballo.