O deputado socialista Luis Álvarez reclamoulle hoxe ao goberno galego “implicación” á hora de demandarlle ao Ministerio de Fomento melloras no servizo do Ferrocarril de Vía Estreita –Feve- de Galicia. O parlamentario socialista levou unha pregunta oral ao Pleno do Parlamento logo dos “usuais” retrasos e cancelacións destas liñas provocados polos recortes do goberno.
Álvarez instou á conselleira a aproveitar unha desas supostas visitas trimestrais do Ministerio de Fomento a Galicia para reunirse na Comisión de Seguimento das infraestruturas para apuntar os efectos da “integración sorpresiva” destes ferrocarrís en Renfe en 2013.
Dende aquel momento, apuntou, a perda de recursos humanos e de mantemento converteuse en “alarmante” ata provocar unha “perda de servizos” derivados da falla de persoal. Aludiu así á cancelación dunha viaxe entre Ferrol e Oviedo onte mesmo porque “había tren pero non maquinista”.
Apuntou ao recente retraso de 2 horas e media provocado por un xabaril, ou dos problemas que provoca a falla de revisores, que supón que “hai viaxeiros que poden viaxar sen pagar, pero non se computan a efectos de uso das liñas”.