A secretaria de Xustiza recorda que os socialistas xa impulsaron iniciativas neste senso en todos os concellos, o Parlamento e o Congreso
Santiago, 14 de febreiro de 2018. A secretaria de Xustiza do PSdeG, Paloma Castro, participou hoxe, xunto cos alcaldes de Ames, Oroso e unha representación do partido en Teo e a capital galega, na manifestación de apoio á equiparación salarial dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.
Dende alí recordou que as diferenzas económicas con corpos autonómicos como a Ertzaintza, os Mossos d’Esquadra ou a Policía Foral chega a alcanzar os 12.000 euros ao ano, motivo polo cal considerou “de xustiza” igualar as nóminas dos axentes.
Entre reivindicacións de “dignidade salarial” para os responsables de “garantir o benestar” dos cidadáns, a dirixente socialista sinalou que o PSdeG ten impulsado iniciativas neste sentido tanto a nivel local coma no Parlamento e o Congreso dos Deputados.
Así pois, os socialistas reclaman poñer fin “de inmediato” ao 40% desas diferenzas no soldo dos axentes e planificar acción para correxir esta situación na súa totalidade cun calendario de tres anos vista.
Do mesmo xeito, demandan adaptar os complementos, recuperar os niveles retributivos perdidos polos recortes e un aumento das partidas destinadas a proveer de medios materiais e equipamento a estes funcionarios públicos.