Este sábado, día 14 de decembro, ás 10:30h dentro de ideaGalicia[lab], celebraremos unha primeira xornada de traballo baixo o título “Pensando Galicia”, que contará coa presenza do Secretario Xeral, Gonzalo Caballero e dos presidentes, Emilio Pérez Touriño e Fernándo González Laxe, o alcalde de Santiago, Xosé Bugallo, a presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera, e outros/outras recoñecidos/as expertos/as.
Este laboratorio de ideas está coordinado pola xornalista, Noelia Otero e despois do Nadal organizaranse xornadas sectoriais por todo o territorio.