O PP rexeitou a proposta non de lei da portavoz de pesca, Loli Toja, para que a Xunta encargue un estudo previo que analice o sistema de Cotas Individuais Transferibles (ITQs nas súas siglas en inglés) antes de implantarse. O estudo tería como obxectivo cotexar as consecuencias que terá o novo sistema para o sector pesqueiro galego.
A socialista solicitou que se comprobe “a priori” e non “a posteriori” o sistema ITQs. “Pódese gañar máis vendendo cotas de pesca que coas capturas, é dicir, coa especulación da privatización do mar”, criticou Toja que alarmou dos perigos do novo sistema de cotas que “privatiza” os recursos mariños e que “favorece” aos máis poderosos. Así mesmo, implicará dificultades ao acceso real ás posibilidades para a frota galega, beneficiando a aqueles que poden beneficiar e explotar incluso de xeito oculto.
Os datos públicos do Goberno mostran que o actual sistema pesqueiro tampouco está a ser favorable para o sector. “Simplemente consultando a EPA nun só ano hai 4400 traballadores menos no sector, o que supón un de cada cinco menos. E que ha un 31 por cento menos de mulleres no sector pesqueiro”, achegou Toja.
Das 4000 embarcacións galegas o 85 por cento está dedicada á pesca artesanal e multiespecífica ademais de non contar coa garantía da substitución xeracional. “Queremos que se teña en conta a estabilidade ecolóxica pero tamén a supervivencia do sector”, sentenciou a deputada socialista pero tamén la supervivencia del sector”, sentenciou a deputada socialista.
Engadiu que a negativa do PP “só se xustifica si o obxectivo é a redución do esforzo pesqueiro e serviría para despezar á nosa flota”. Reclamou o estudo a priori “para analizar as consecuencias da decisión, porque que a Xunta queira facer o estudo a posteriori indica que defende intereses inconfesables e non os dos galegos e das galegas”.
Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE