O PP rexeitou hoxe a proposición non de Lei da deputada socialista, Patricia Vilán, para frear a extinción da “Fundación Padroado das Colonias Escolares de Covelo”, no concello de A Lama. A proposición levaba ao Parlamento as peticións da Asociación de Veciños de Laxedo que reivindican o patrimonio da Fundación.
“Os pobos que perden a súa memoria son os que perden a súa capacidade para ter un futuro”, declarou Vilán quen defendeu a implicación da Xunta para que non se perda o complexo da fundación. Estas instalacións constan de 40.000 metros cadrados e presentan un claro estado de deterioro dada o seu abandono.
A deputada socialista propuxo a utilización do edificio para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa mocidade, e cifrou en máis de 30 os postos de traballo que se crearían para o mantemento das súas funcións.
Pola súa banda, Vilán criticou a falta de interese do alcalde da Lama por non coñecer o valor real da fundación así como a súa desentendemento co estado do mesmo e o parecer da súa cidadanía, e instou ao PP a que “lle digan ao conselleiro que estime o recurso de reposición e evite a extinción da Fundación.