A deputada socialista, Patricia Vilán, preguntou hoxe en comisión se desde a Xunta “convidarase” a dimitir ao presidente do Consello Consultivo, Costa Pillado, tras a providencia do Tribunal Supremo que inadmitíu o recurso presentado pola Xunta contra a sentenza xudicial que obrigaba ao Consello para pagar os complementos retributivos.
Pola súa banda, Vilán criticou a decisión do Goberno de “no forzar” a dimisión do presidente xa que non consideran que estea “en xogo” o prestixio do Consello Consultivo de Galicia. Así mesmo, a socialista lembrou que o actual presidente está a ser investigado por tráfico de influencias “afectando” o prestixio da institución. “Non se pode utilizar a asesoría xurídica da Xunta para xogar co prestixio do Consello e tirar os cuartos”, espetou a socialista quen subliñou que será a cidadanía a que “abonará” as costas xudiciais e os intereses xerados que ascenden a varios milleiros de euros.
Esta actuación deriva da sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Santiago de Compostela, en xaneiro de 2017, que consideraba “torpe e inxustificada” a modificación das condicións laborais dos funcionarios.
Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE