O presidente do Goberno e o secretario xeral dos socialistas galegos interviron nun acto no que arrouparon a Inés Rey, candidata á reelección da Coruña
28 de abril de 2023. O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, interviu este venres nun acto político na Coruña, xunto ao líder dos socialistas galegos, Valentín Formoso, no que puxo en valor a “raíz claramente municipalista” dun PSdeG que ten alcaldes “referentes” en toda España. Ambos os dous, en presenza de decenas de candidatos e candidatas do 28M, arrouparon tamén á alcaldesa da Coruña e aspirante á reelección, Inés Rey, quen agradeceu a Sánchez o desbloqueo de proxectos estratéxicos para a cidade.
Arredor de 2.000 persoas déronse cita en Palexco, na cidade da Coruña, para recibir ao presidente do goberno de España, Pedro Sánchez, que acudiu á vila herculina para falar esencialmente das medidas de vivenda que prantexa o partido socialista e promove dende o executivo.
O presidente do goberno destacou a “raíz claramente municipalista do PSdeG”, cun “gran número de alcaldes e alcaldesas referentes” no resto de municipios de España, aos que el mesmo buscaba emular cando era concelleiro en Madrid, alegou. Amosou confianza de cara a u 28 de maio onde “vainos ir moi ben” e despois do cal quere volver a ser recibido na Coruña con Inés Rey como alcaldesa, pero aínda con máis concelleiros.
No relativo ás políticas de vivenda que están impulsando dende o goberno nas últimas semanas, declarou que os socialistas imos a facer da vivenda el quinto piar do Estado de Bienestar”. Todo isto, subliñou, a pesar de que son os gobernos autonómicos como o da Xunta, os que teñen as competencias.
Falou tamén do medio ambiente a propósito do enfrontamento da Junta de Andalucía coas institucións europeas ao querer legalizar os regadíos ilegais de Doñana. Con estes choques que “deixan quedar mal a toda España”, ao igual que no seu debate no Senado, incidiu en que “a Feijóo ou quédalle grande, ou píllao moi lonxe” o salto á política nacional. “Gañáchedes os galegos coa súa marcha, pero perdemos o resto”, sinalou.
VIDA MÁIS ALÁ DA M-30
Criticou a falta de propostas dos populares, xa que cre que “só teñen insulto, non hai proxecto detrás”. Ante as declaracións de que queren “acabar co sanchismo”, o propio Sánchez contestou que “non hai sanchismo, nin zapaterismo, nin felipismo. Hai socialismo e levamos 40 anos de democracia defendéndoo”.
Sánchez incidiu noutra das cousas que diferencia a socialistas e populares, como que no PSOE pensan que “ai vida máis alá da M-30 e poden xerarse oportunidades fóra de Madrid”. Fixo así un alegato en favor de descentralizar as institucións públicas, remarcando a sede da Aesia que se instalará na Coruña, polo que felicitou directamente á alcaldesa Inés Rey.
Comparou as “dúas formas” de enfrontarse á crise que houbo. A do PP con “reformas que significan recortes” e a do PSOE con “reformas que significan dereitos” nos peores momentos da pandemia. “Imaxinade os avances que imos poder lograr cando o vento sopre a favor”, alegou o presidente.
Pedro Sánchez tivo unhas palabras de agradecemento para Valentín Formoso, quen xa lle organizou un mitin nas Pontes “cando só era un deputado raso de Madrid”, así como a Inés Rey, “referente para todas as alcaldesas de España”. Tamén tivo unha mención especial ao novo ministro de Sanidade, José Miñones, e ao seu sucesor como alcalde de Ames, Blas García, así como ao novo delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro.
PEDRO SÁNCHEZ MÁIS GALEGO QUE FEIJÓO
Pola súa banda, Formoso deu a benvida ao presidente e resaltou que é un “auténtico orgullo recibir a unha persoa que se leva deixado a pel por este país”, en referencia a Sánchez. Fixo memoria sobre o que significou esta lexislatura ao agradecerlle que foi el “quen nos fixo superar a peor etapa da nosa historia recente coa pandemia” e tendo “gravado a fuego non deixar a ninguén a atrás”.
O líder do PSdeG díxolle a Pedro Sánchez que el é galego, xa que “non é só galego quen nace en Galicia, senón aquel que a sinte e o da todo por ela”, logo de que aterrase “nun país que vai a seguir sendo socialista despois das vindeiras municipais”. “Pedro, eres máis galego que Feijóo e Rajoy”, asegurou dirixíndose directamente ao presidente, xa que impulsou melloras para a comunidade en sectores estratéxicos.
Entre as mesmas destacou a revalorización conforme ao IPC das pensións, traer infraestruturas como o AVE, a rebaixado 50% nas peaxes da AP-9, os mesmos dereitos ás mulleres bateeiras e redeiras que os homes á hora de xubilarse ou á xente moza ás que lles ofrece “desenvolver o seu talento nun centro de investigación público en Galicia coa Lei de Ciencia” en vez de a maleta para emigrar que lles daba o PP.
Tamén no campo do emprego e a industria, asegurou que “grazas o compromiso persoal de Pedro Sánchez, Stellantis ou Alcoa seguen abertas”. Así como coa nova planta de xeración de metanol verde que se xerará milleiros de postos de emprego en Galicia “grazas ao traballo do goberno de España”.
DESBLOQUEO DE PROXECTO HISTÓRICOS
Rey tildou de “orgullo” que o presidente, Pedro Sánchez, escollera “unha vez máis” A Coruña para a celebración do acto e agradeceu a todos os alcaldes e alcaldesas a súa presencia no evento. Lembrou unha das últimas visitas de Pedro Sánchez como secretario xeral no 2019 durante a campaña das eleccións xerais e sentenciou que “dende aquela cambiaron moitas cousas porque hoxe A Coruña está mellor que hai catro anos e o noso obxectivo é seguir avanzando nos próximos dez”.
A alcaldesa fixo referencia ao desbloqueo de proxectos “históricos e necesarios para A Coruña” como o dragado da Ría do Burgo, a pasarela de Pedralonga, a Estación Intermodal, o tren ao Porto Exterior de Punta Langosteira ou a ampliación de Alfonso Molina que contaron ademais con financiamento estatal. “É cidade sempre lle foi ben con gobernos socialistas porque somos os únicos que entendemos ben A Coruña e os que máis nos parecemos a ela” explicou Rey.
O acto foi un exercicio do PSdeG para amosar a súa forza municipal de cara ao 28-M, nel participaron, ademais dos xa mencionados, asistiron todos os secretarios provinciais e varias decenas os candidatos e candidatas das cidades vilas e concellos de toda Galicia.