Pon en valor o “traballo conxunto” dos diferentes grupos parlamentarios durante diversas lexislaturas
A voceira de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, instou hoxe ás administracións públicas a “ter en conta” as recomendacións feitas pola Comisión non permanente especial sobre a Seguridade Viaria en Galicia. Fíxoo, no Parlamento, durante o debate da elaboración do ditame á vista do proxecto elaborado pola ponencia.
Neste marco, a dirixente socialista puxo en valor o “traballo conxunto” dos diferentes grupos parlamentarios durante diversas lexislaturas e “tendo en conta que as comparecencias comezaron no ano 2014” nunha comisión que se creou co obxecto de poñer en marcha un instrumento institucional na Cámara galega que servise de foro de estudio e debate, e ofrecese propostas de solución para mellorar a seguridade viaria e reducir a sinistralidade.
“É un traballo arduo de moitos compañeiros e compañeiras dos distintos grupos”, subliñou Otero, quen concluíu desexando que este traballo “teña reflexo” nas “distintas administracións con competencias na materia”.