Advirte que o retraso “inxustificable” nas datas dos xuízos pendentes ata 2027 pon en perigo o dereito á tutela xudicial efectiva
A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Paloma Castro, reclamoulle hoxe á Consellería de Presidencia que reforce o xulgado do Penal núm. 2 de Santiago con a lo menos dous tramitadores procesuais para “desatascar o seu funcionamento”. Castro considera incomprensible que o PP rexeite esta proposta que presentou na Comisión Institucional do Parlamento.
A responsable socialista reclama medidas urxentes para resolver a situación dun xulgado “ao borde do colapso”, con retrasos “inxustificables” nas datas dos xuízos pendentes ata 2027, que pon en perigo o dereito á tutela xudicial efectiva. Esixiulle ao goberno galego que asuma as súas competencias e tome “medidas urxentes para desatascar o funcionamento deste Xulgado, como xa se tomaron noutras ocasións” para evitar “dilacións indebidas”.
Subliña que a situación resulta “insostible” con asuntos do ano 2022 “pendentes de tramitación apilados nos armarios” con sinalamentos para 2027, o que supón retrasos de 5 anos de espera ata a tramitación dos procesos. Apuntou que esta situación afecta por exemplo aos procesos de violencia de xénero, nos que unha muller vítima que da o paso de denunciar ao seu agresor “ten que agardar 5 anos ata a finalización do proceso”.
Castro insta á Xunta a poñer tódalas medidas posibles enriba da mesa para resolver unha situación crítica provocada en primeiro lugar polo traballo que supuxo o xuízo do Alvia, a sucesión de interinidades no persoal do xulgado, a folga de letrados e letradas da administración de xustiza de finais de 2022 e a conseguinte folga de avogados e avogadas da quenda de oficio. Alerta ademais que a situación agravarase a partir de marzo, cando a xestora de reforzo remate o seu traballo.