Considera “delirante” que o presidente da Xunta “anuncie que van asumir parte da suba do recibo do canon de Sogama que el mesmo recada”
A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Paloma Castro, comparou o anuncio do presidente da Xunta -que dixo que asumirían parte da suba do canon de Sogama- co timo do “tocomocho”. Castro sinalou que co “delirante” anuncio de hoxe “quere facernos parvos a tódolos galegos e galegas” porque “a súa mala xestión dos residuos está a provocar a suba dun canon que a propia Xunta recada e despois di que vai pagar en parte”.
A responsable socialista dixo que o anuncio de hoxe “chega tarde e é absolutamente insuficiente”, cunha decisión provocada pola presión exercida polos concellos gobernados polo PSdeG e coa que nada mais que para intentar “lavar a cara”. Resumiu que “o que ten que facer é suprimir a suba do recibo do lixo a tódolos galegos e galegas, pagar os sobrecustos co imposto que vai recadar e comezar a facer as cousas ben mudando un modelo de xestión de residuos baseado na incineración e o depósito en vertedoiro”.