O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, sinalou hoxe que a ampliación da concesión da AP-9 ata o ano 2048 que vai investigar a Comisión Europea foi un “regalo que nos fixo Aznar noa no 2000”. O responsable socialista sinala que a concesión que “pode ser declarada ilegal” en realidade “nunca foi cuestionada por Feijóo, que agora se limita a criticar ao goberno que rebaixa as peaxes de Galicia”.
Arangüena lembra que aquela ampliación agora cuestionada converteu á AP-9 na autoestrada cun prazo de concesión máis longo, e que mentres as infraestruturas construídas ao mesmo tempo xa esgotaron os prazos ou ben están a piques de rematalos, Galicia terá que soportalos durante outros 25 anos “por obra e gracia de Aznar cando Feijóo era alto cargo designado polo seu goberno”.
Explica que o goberno actual é o que destinará 60 millóns de euros anuais ata a fin da concesión para asumir unha rebaixa histórica dos peaxes, algo que “puido ter feito Rajoy durante os seus 7 anos de goberno e que nin se lle ocorreu, nin o propio Feijóo llelo pediu nunca”.