Saúda a iniciativa do Ministerio de Política Territorial para avanzar na modificación do texto aprobado polo PP en solitario
O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, dixo hoxe que o acordo entre Xunta e Ministerio de Política Territorial para avanzar nas conversas sobre a reforma de Lei de Saúde, recorrida diante do Tribunal Constitucional, “demostran que hai que cambiar a Lei galega”.
O responsable socialista saudou este novo paso, que refrenda “o que vimos propoñendo neste Parlamento a través de iniciativas parlamentarias” dende que o PP decidiu impulsar en solitario unha reforma da Lei que “pretende entrar a regular e limitar dereitos fundamentais”, que unha Comunidade Autónoma “non pode”, o que provocou o recurso de inconstitucionalidade.PS
Chamou a “sentarse e tratar de resolver e de modificar os problemas que ten a Lei” e que provocaron que fora a única de España que foi recorrida ante o Constitucional en todo o territorio do Estado, cando “outras comunidades autónomas tamén do PP sacaron adiante normas que non foron recorridas”.