A Coruña, 15 de xaneiro de 2021 | O vicesecretario xeral do PSdeg e deputado no Parlamento de Galicia, Pablo Arangüena, en rolda de prensa hoxe na Coruña pediulle a Xunta que reforce a atención primaria e que incremente o número de rastrexadores ante a crítica situación sanitaria.
Arangüena explicou que “desde o PSdeG levamos apoiando todas as medidas sanitarias que adoptou a Xunta e a imos a seguir facéndoo por responsabilidade” pero insistiu que a Xunta pode e debe facer ese reforzo porque ten os orzamentos máis expansivos da historia, os orzamentos xerais do estado xunto coa aposta financieira da Unión Europea, e porque a situación reclama que o faga. Reiteran a petición de aumento de rastrexadores porque durante estes meses, Feijóo “non o fixo a pesar de ter os medios para facelo, e Galicia estivo durante meses á cola de España en detección da orixe dos contaxios”
O Vicesecretario Xeral tamén sinalou que económicamente a situación é igual de crítica. “As pequenas empresas, os hosteleiros, os autónomos o pequeño comercio necesitan axuda urxentemente. Axudas como as que lles dan os concellos, por exemplo o concello da Coruña a través do PRESCO, axudas como as que lles da o Estado a través dos ERTES, as axudas aos autónomos e o Ingreso Mínimo Vital.”
Recordou que o Estado ingresou no ano 2020 en Galicia 1.193 millóns de euros en prestacións sociais; máis de 500 millóns para sanidade e educación e ademáis deulle á Xunta específicamente 224 millóns para compensar a caída da actividade económica dos cales a Xunta so entregou 22 millóns ao pequeno comercio, autónomos, hostalería e microempresas. “22 millóns de euros dos 224 milóns que lle deu o Estado. Dez veces máis, específicamente para esa finalidade.”
A LICITACIÓN DO DRAGADO DA RÍA DO BURGO
Pablo Arangüena falou tamén sobre o saneamento da Ría do Burgo cuxa licitación está xa en marcha. “Unha ría na que chegaron a mariscar 2.000 persoas e que leva décadas baixo mínimos. Unha reivindicación da comarca da Coruña que ven de finais do século pasado.” Sinalou que é una mostra do compromiso do goberno progresista coa comarca da Coruña, nunha ría onde chegaron a mariscar duas mil persoas e hoxe hai só 80. “Os gobernos do PP durante sete anos en Madrid puideron sacar adiante este proxecto e non o fixeron” .
Os socialistas galegos presentarán unha iniciativa para que a Xunta estableza os mecanismos para compensar aos mariscadores durante o tempo que duren as obras e no cal non van poder facer o seu traballo. Estiman que son aproximadamente 3 millóns de euros e a Xunta ten que aportar algo unha vez que o Estado adquiriu un compromiso de 48 millóns de euros para rexenerar a Ría do Burgo. “Se unimos o compromiso do goberno na Ría do Burgo co proxecto da Cidade das TIC que o anterior executivo tivo parada a fábrica de armas durante 5 anos, temos dous proxectos que impulsarán a esta cidade e a súa comarca cara ao futuro”
OUTROS INVESTIMENTOS DO GOBERNO DO ESTADO E POUCO COMPROMISO DA XUNTA COA COMARCA
Arangüena lembrou que o goberno licitou tamén a pasarela de Pedralonga que é a primeira fase da remodelación de Alfonso Molina, as obras do enlace de Sol y Mar en Oleiros (12,5 millóns de euros) e 18 millóns para a intermodal da Coruña fronte a 4,5 millóns de euros da Xunta.
“O compromiso inversor do sr. Feijóo coa cidade da Coruña é inexistente. Na última lexislatura non houbo inversión mínimamente significativa na cidade se exceptuamos una pasarela peatonal que costou 2,5 millóns de euros e foi inaugurada a bombo e platillo polo señor Feijóo” Os socialistas desconfían do compromiso coa renovación e ampliación do CHUAC da Coruña, porque “nos orzamentos da Xunta para o 2021 soamente hay consignada una partida de 20 millóns de euros dos 400 millóns de euros que vai costar es obra”, e deses 20 millóns de euros, soamente 10 corresponden realmente ao inicio da ampliación do CHUAC.
“Estes non son os orzamentos do ladrillo, son os orzamentos das persoas” dixo para destacar que os pensionistas da comarca da Coruña, como os de toda Galicia e os de España, van recibir incrementos das pensións moi por riba do IPC cando na etapa de Rajoy estiveron prácticamente conxeadas.
MEIRÁS
Sobre os posibles usos do Pazo de Meirás o vicesecretario xeral do PSdeG indicou que os socialistas se opoñen a que se trate de branquear o franquismo do Pazo e que se queira levalo a un segundo plano. “Cremos que o uso principal do Pazo de Meirás ten que ser a reivindicación e o estudo da Memoria Histórica. Por iso, imos opoñernos a esa iniciativa e a calquera outra que se presente nese sentido. Imos demandar que Meirás sexa un lugar para o estudo, a recuperación, a lembranza da memoria histórica con independencia doutros usos, como poida ser a memoria de Emilia Pardo Bazán.”
INTERVENCIÓN DO DEPUTADO DIEGO TAIBO
Para o deputado no Congreso Diego Taibo, e importante sinalar que por fin se licita o dragado e o saneamento do que vai a ser a obra máis importante desta lexislatura na Coruña e na comarca. “Estamos falando dunha obra histórica que levaba anos pendente pero é a vontade política do actual Goberno socialista a que consigue levar a cabo finalmente esta vital inversión na nosa contorna”. Agradeceu á ministra Teresa Ribera, ao secretario de Estado, Hugo Morán, e a Ana Oroño Valenciano, directora xeral da costa e o mar, a súa vontade política e sensibilidade para sacar adiante esta fundamental inversión .
Taibo indicou tamén que se trata dun proxecto que nas suas orixes viña participado ao 50% polo Estado e a Xunta de Galicia pero que actualmente o investimento de 48,5 millóns da obra son exclusivamente con cargo ao Estado e fondos europeos. “É certo que o 50% os aporta o Feder, pero a Xunta pasa de non aportar o seu 50% a aportar absolutamente nada”. “Os dereitos do marisqueo son da Consellería de Pesca da Xunta, polo que lle pedimos un esforzo porque as demandas dos colectivos de mariscadores son totalmente raonables. A Xunta debe aportar como mínimo un grao de área e non arroxar máis incertidume neste colectivo.”