A Secretaria Provincial de Lugo e Deputada Autonómica, Patricia Otero, advirte que “neste documento non hai nin un só proxecto relevante para a provincia de Lugo, por moito que o PP tente incluir nos Orzamentos a creación da nova residencia de Maiores de Lugo, financiada pola Fundación Amancio Ortega”
A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero, dixo que “as contas de Feijóo para a provincia de Lugo non saldan as débedas históricas coa nosa provincia”. Tras coñecer a publicación dos orzamentos da Xunta advertiu que “neste documento non hai nin un só proxecto relevante para a provincia de Lugo, por moito que o PP tente incluir nos Orzamentos da Xunta a creación da nova residencia de Maiores de Lugo. Unha obra da que é preciso lembrar, é financiada íntegramente pola fundación Amancio Ortega” .
Asi as cousas Otero cualifica estas cifras como “unha tomadora de pelo aos lucenses”. E prosigue coas suas criticas “seguimos coas mesmas contías de orzamentos pasados, poque nada se fixo, contias que por outro lado son completamente insuficientes. Como por exemplo os 500.000 euros do Plan Paradai, 300.000 para a Rolda Leste Lugo ou os 750.000 euros para o acceso Porto Seco de Monforte de Lemos”, por citar algún.
No que se refire as obras da Edar de Burela contan cunha previsión orzamentaria de 369.000 euros, dun proxecto total que ronda os 9,000.000 euros. “Unha infraestructura prometida xa no ano 2015, e que pon en serio risco a perda dos fondos europeos existentes”, advirte a Secretaria Provincial.
Sobre o desdobramento do Corredor Nadela-Sarria, “as contas de Feijoo xa advirten que este desdobramento só vai chegar a Sarria, e non ata a Monforte de Lemos como inicialmente estaba previsto”.“Esta é a politica do PP, promover infraestructuras en anaquiños. O mesmo ocorre coa VAC da Costa Norte, levan poñendo as mesmas cifras ano tras ano nos orzamentos. Pero a única realidade a día de hoxe é que segue sen executar”, denuncia Otero.
Intermodal de Lugo
No que se refire a Estación Intermodal de Lugo os orzamentos do 2020 tiñan unha previsión orzamentaria para a anualidade do 2021 dun montante de 2.500.000 euros, pero a realidade que hoxe nos amosan as contas de Feijóo é que a contia ascende a 1.530.214 euros. “Polo tanto rebaixou a previsión en máis de 1 millón de euros, estas son as verdadeiras contas de Feijoo para Lugo”, resumiu.