A deputada socialista Patricia Otero defendeu hoxe os acordos da mesa de seguimento de Alcoa e insistiu na esixencia á empresa de que cumpra os compromisos e investimentos previstos o pasado ano. Otero explicou que o texto aprobado na Comisión de Industria e Turismo cos votos de PP e BNG “está en aberta contradición” cos anteditos acordos, adoitados hai unha semana “coa participación da Xunta”. “O cinismo do PP non ten límites. O Goberno galego fai unha cousa e os deputados do PP fan a contraria”, sinalou.
Patricia Otero asegurou que a postura do PSOE segue sendo a mesma que sempre mantivo, “defendendo os postos de traballo e, polo tanto, que se cumpra o acordo por parte de Alcoa e que no caso dunha venda se garantice por parte das administracións, tamén da Xunta, que para iso ten as competencias de industria, que esta se realice a un comprador industrial, con vocación de permanencia e mantendo o emprego”. Mentras tanto, “a pinza acordada hoxe non beneficia en nada aos traballadores”.
De feito, afirmou, o aprobado por PP e BNG, instando ao Goberno a intervir Alcoa, faise “de costas aos traballadores”. No primeiro caso, utilizando ademais o Congreso “para mentir descaradamente, valendose da situación de Alcoa na estratexia de confrontación habitual do PP nacional, agora trasladada á Mariña de Lugo”.
Otero lamentou que nin populares nin nacionalistas aceptaran unha emenda do PSOE ao texto baseada no acordo que os traballadores apoiaron. “Quedan de manifesto as súas contradicións. As do PP, pedindo a intervención dunha empresa privatizada polo propio PP, e as do BNG pedindo que se axilicen os trámites das PPA de enerxía, cando sempre está en contra do desenvolvemento da eólica, tanto terrestre como mariña”, explicou.