O secretario de Organización do PSOE, José Luis Ábalos, anunciou hoxe a proposta de coordinadores e ponentes das distintas áreas para o documento marco do próximo Congreso Federal do PSOE, que está previsto que se celebre o 17 de outubro en Valencia.
Entre os ponentes anunciados por Ábalos, que serán corroborados polo Comité Federal convocado para o mes de xullo, encóntrase José Miñones, alcalde de Ames –A Coruña- e membro da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG que dirixe Gonzalo Caballero. Miñones será ponente na área de Municipalismo e Medio Rural.
O secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, sinala que “todos os socialistas traballaremos arreo para dar as mellores respostas a esta crise nas distintas áreas, e por suposto o mundo municipal e o medio rural constitúen unha importante clave que coñecemos ben en Galicia”.