A vicesecretaria xeral de Igualdade do PSdeG, Icía García, reivindicou hoxe “o compromiso dos e das socialistas coa igualdade” entre homes e mulleres e, por iso, chamou a toda a sociedade a secundar as concentracións convocadas o vindeiro 8 de marzo.
Máxime, como subliñou, nun momento no que a dereita está cuestionando “con dureza” o traballo en prol da igualdade, como reflicten as declaracións dos seus principais líderes a nivel estatal ao falaren sobre a violencia machista ou o interrupción do embarazo.
“Non toleraremos un paso atrás”, recalcou a dirixente socialista, consciente de que a igualdade entre mulleres e homes é “un obxectivo irrenunciable” e cara o que aínda queda “moito camiño por avanzar”.