O PSdeG rexeita totalmente calquera pago polo uso das autovías en Galicia, unha cuestión que descarta que poida ser de aplicación nestes tempos.
Esta é a posición dos socialistas de Galicia mantida dende que o sinalara publicamente o secretario xeral, Gonzalo Caballero, en agosto de 2019, e que así lle foi trasladada ao goberno de España.
O modelo de Galicia ten que ser xusto o contrario, como amosa a rebaixa histórica da AP-9 que vén de ser ratificada polo ministro de Transportes, José Luis Ábalos, tal e como reclamaron os socialistas galegos.
O PSdeG é consciente de que este debate existe en Europa e en ámbitos académicos, pero a posición política do partido conclúe que o compromiso co transporte e coa mobilidade da cidadanía en Galicia e corresponde ás administracións públicas garantir a libre circulación polas autovías que transcurren por Galicia e avanzar na rebaixa das peaxes das autoestradas.