O secretario xeral rexeita a falla de responsabilidade social corporativa de Endesa e ínstaa a sentarse con todas as administracións implicadas e os traballadores para abordar unha transición xusta
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, rexeitou hoxe que Endesa anuncie “de xeito unilateral” a súa decisión de pechar a planta das Pontes sen consensuar nin coas administracións implicadas nin coa plantilla de traballadores.
Tras anos de “comportamento errático” da empresa en Ferrolterra, como denunciou o líder do PSdeG, agora rexeita seguir analizando a opción dos biocombustibles, ou calquera outra fórmula de producción baseada en fontes enerxéticas sostibles, e opta polo peche inmediato.
“Todos temos claro que o carbón non é o futuro, pero hai que buscar outras vías para manter o emprego na bisbarra ferrolá”, recalcou o dirixente socialista, crítico co xeito de proceder de Endesa e co seu rexeitamento a explorar “as posibilidades de reconversión e de transición xusta”.
“Non se pode consentir este comportamento nunha empresa que fixo negocio no territorio galego. Onde está a súa responsabilidade social corporativa?”, inquiriu Gonzalo Caballero, quen pediu que se reúna a Mesa das Pontes e que Endesa sente coas administracións xeral, autonómica e local e cos traballadores para perfilar e consensuar unha transición ecolóxica xusta.