Luis Álvarez critica que Feijoo “o único que quere é un posto na Cámara Alta para confrontar directamente con Pedro Sánchez, en vez de traballar en prol dos intereses de Galicia”
O PSdeG vén de rexeitar a designación de Feijoo e Tellado como senadores por designación autonómica tras abstéñense na votación que se celebrou hoxe durante a celebración dun pleno extraordinario no Parlamento para este fin.
“O PP está a facer un uso incorrecto da figura de senador ou senadora por designación autonómica que ten como principal obxectivo defender os intereses da comunidade autónoma”, sinalou o voceiro parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, tras amosar a súa desconformidade polo “uso partidista” desta figura que está realizando o Partido Popular.
Neste marco, o dirixente socialista criticou que Feijoo “o único que quere é un posto na Cámara Alta para confrontar directamente con Pedro Sánchez, en vez de traballar en prol dos intereses das galegas e galegos”.