O Secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage afirma que “toca facer autocrítica, con análise profunda da situación e sendo conscientes da mensaxe que nos mandaron as galegas e os galegos”
Lage Tuñas valorou “positivamente” a decisión de José Ramón Gómez Besteiro de “liderar no parlamento ao PSdeG e asumir en primeira persoa a reconstrución do proxecto político para Galicia”
Os socialistas galegos reunirán á súa Comisión Executiva Nacional Galega o vindeiro mércores nunha reunión extraordinaria na que analizarán os resultados electorais e convocarán aos órganos internos para facer unha análise máis detallada co conxunto da organización.
O Secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, valorou hoxe os resultados electorais, recoñecendo que “son uns moi malos resultados electorais, sen adxectivos”.
Lage Tuñas considera que “toca facer autocrítica, analizar en detalle e aunar esforzos para dende a unidade construír un proxecto político para Galicia, en clave de País”.
O PSdeG-PSOE forma parte de 120 gobernos municipais e ostenta 102 alcaldías en Galicia, sendo a forza política que goberna máis cidadáns dende os concellos. Cabe recordar que os socialistas galegos elixiron a Besteiro candidato á Xunta de Galicia no mes de outubro e as elección foron convocadas en decembro.
Lage valorou tamén “positivamente” a decisión de José Ramón Gómez Besteiro de “liderar no parlamento ao PSdeG e asumir en primeira persoa a reconstrución do proxecto político para Galicia”.