Silvia Fraga presenta as iniciativas que levarán os socialistas ao Parlamento e aos concellos, con propostas de mellora para os Centros de Información á Muller
Denuncia as mulleres do 40% do territorio galego, 120 concellos en total, non contan cun CIM e “son tratadas como persoas de segunda”
6 de marzo de 2023. A secretaria de Igualdade do PSdeG, Silvia Fraga, presentou este luns a campaña e as iniciativas que promoverán os socialistas con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que leva como lema “Fronte ao Negacionismo, Feminismo”. Fraga sinalou que este ano se pon o acento en reivindicar a importancia de loitar contra quen nega a existencia dunha discriminación contra ás mulleres.
A responsable de Igualdade na Comisión Executiva Nacional do PSdeG ofreceu unha rolda de prensa con motivo dunha data “especialmente importante para as socialistas”, como é o 8M, elixido dende o partido “para centrar de xeito especial e con mais forza se cabe as materias pendentes en igualdade entre mulleres e homes, tamén é un día de reivindicación”.
Presentou as iniciativas que emprenderán levarán a cabo os socialistas con motivo desta data, comezando por unha campaña de redes co nome “Fronte ao Negacionismo, Feminismo” que cubriu o fondo sobre o que deu a rolda de prensa.
Coa devandita campaña preténdese “recalcar as moitas discriminacións que sofremos as mulleres polo feito de selo”. Para Fraga, o PSOE “é un partido comprometido coa igualdade e coa axenda feminista, como así demostramos nos concellos que gobernamos, no goberno de España ou no pouco tempo que estivemos ao fronte da Xunta”, alegou.
Silvia Fraga subliña que “o noso compromiso de décadas ten que ser máis forte que nunca porque dende certas posicións políticas se están cuestionando eses avances cara unha sociedade máis xusta e igualitaria”.
Por iso expuxo que “o PSdeG quere destacar fronte quen nega, vulneran e atacan os dereitos das mulleres o profundo valor democrático que o feminismo supuxo para a liberdade das mulleres en todo o mundo”, polo que de aí ven o seu lema que reza que fronte ao negacionismo da situación de discriminación á muller, o que precisa a sociedade é máis feminismo.
Para referendar a campaña, apóianse en diversos datos a nivel galego a través dos que denunciou a maior discriminación laboral e salarial que elas sofren, así como o difícil acceso aos postos directivos polos teitos de cristal. Fixo especial fincapé no “preocupante aumento da violencia contra as mulleres” o que considera a “punta do iceberg” da discriminación.
Incidiu en que dende o PSdeG queren “seguir insistindo na necesidade destas políticas a pesar dos avances producidos nestes anos, que sempre viñeron da man do Partido Socialista”, recalcou. Aínda queda moito para acadar a igualdade real entre homes e mulleres e non podemos consentir os discursos de quen nega a realidade que acabamos de relatar.
INICIATIVAS CENTROS INFORMACIÓN DA MULLER
Tamén destacou as iniciativas en todos os concellos galegos e no Parlamento de Galicia reivindicando unha serie de melloras sobre os centros de atención á muller, que “levan décadas sendo unha ferramenta imprescindible na loita pola igualdade e axuda a moitas mulleres que o precisan”. “A pesar do gran labor das súas traballadoras conta con moitas eivas pola falla de recursos”, denunciou Fraga.
Estes centros que dan unha atención integral ás mulleres galegas, na práctica só actúan coas vítimas de violencia e, aínda así, non dan abasto co seu traballo. As súas propostas baséanse nun informe da Fegamp, que prantexan problemas de falta de criterios para xestión dos recursos humanos, que leva a uns a ter moita carga de traballo e outros sen ela.
Por unha decisión política, as mulleres do 40% do territorio galego non contan con este recurso, 120 concellos en total, nos que as mulleres son tratadas como de segunda, especialmente no rural.
MOBILIZACIÓN CENTRAL NA CORUÑA
Tamén adiantou Silvia Fraga que os e as socialistas estarán presentes nas mobilizacións do 8M convocadas en toda Galicia, pero este ano a convocatoria central do partido será a da cidade da Coruña, onde participará o secretario xeral, Valentín González Formoso. O PSdeG defenderá unha “posición abolicionista de todas as formas de explotación da muller, prostitución, a trata, pornografía, ventres de alugueiro e tamén do xénero”.
Así como volverán a facer a entrega da IV edición do premio de Igualdade co nome da mestra socialista asasinada en Miño en 1936, Maruja Vázquez Suárez que recuperaron o pasado 2022 sendo a primeira premiada a vicepresidenta do goberno de España e ministra de Economía, a galego Nadia Calviño. O xurado dos premios reunirase o vindeiro venres día 10 en Santiago.