Lage Tuñas critica que os populares falen de “arbitrariedade e vergoña”, valoración que sitúa a Rueda como un “secundario” no partido
O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, esixiulle hoxe a Feijóo que “aclare si cre que a elección de A Coruña como sede da Axencia de Intelixencia Artificial -AESIA- foi un amaño”, como vén de sinalar o senador de Granada José Antonio Robles. Puntualiza que o silencio de Rueda o sitúa como “secundario de Feijóo”.
O responsable socialista respondeu a estas críticas por parte do “compañeiro de escano de Feijóo” no Senado, coas que, sinala, o PP se demostra “desnortado e sen rumbo, cun presidente que ten unha opinión para cada día da semana, e ao que 2023 se lle vai facer moi longo”.
Lage Tuñas fixo un chamamento ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a romper o seu silencio e defender Galicia, e lamentou que se estea a ratificar como “secundario de Feijóo”.
Recordou que “foi un comité técnico o que aprobou por unanimidade a designación de A Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial, nunha convocatoria pública con concorrencia competitiva e criterios transparentes publicados no BOE”.
Lamentou que “o PP non acaba de aceptar que a Coruña lidere a AESIA”, cunha decisión tomada polo goberno de Pedro Sánchez “con criterios transparentes e por unanimidade, e polo que se ve nin ao PP nin a Feijóo lles gustou”.