A deputada Paloma Castro remarca que o feito é constitutivo de “delito” e advirte que o dirixente popular é “un perigo” para a seguridade viaria
26 de abril. A portavoz de Interior e Xustiza do grupo socialista, Paloma Castro, esixiulle hoxe a Rueda que obrigue a dimitir ao presidente do PP e da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, logo de ser interceptado pola Guardia Civil de Tráfico a 215 km/h ao volante dun coche oficial da institución provincial.
A socialista remarcou que o acto realizado polo responsable do PP de Ourense é constitutivo de delito, podendo ter unha pena de entre 6 meses e 2 anos de cárcere si se pon en risco a integridade dos usuarios da vía ou se actúa con “temeridade manifesta”. Feitos “moi graves” ante os que Rueda só “ofreceu silencio” tras ser preguntado en dúas ocasións na sesión de control deste mércores.
Castro preguntou a Rueda se “vai a facer dimitir a Baltar ou vai a permitir isto, demostrando a pouca autoridade que ten no Partido Popular”. Insistiu na importancia de que actúe, logo de que “un representante público do seu partido que cometa un delito” superando en 95 km/h o límite de velocidade establecido.
Asegurou que “de nada valen as campañas de seguridade viaria, nin as fotos cos chalecos amarelos se despois permitimos que os representantes públicos leven a cabo condutas coma esta”, engadindo que “con que cara van a mirar á cidadanía se toleran estes comportamentos?”. Por todo isto, Castro finalizou a súa comparecencia reclamando unha vez máis a dimisión de Baltar ou que “se Rueda pinta algo no PP” lle obrigue a deixar o seu posto.