As e os socialistas cremos que é o deber do goberno galego, e de todos os partidos con representación parlamentaria, atender estas necesidades con urxencia. Por iso, comprometémonos a presentar iniciativas lexislativas que fortalezan a Unidade de Lesionados Medulares do CHUAC e que promovan unha verdadeira accesibilidade universal
As e os socialistas galegos sumámonos ás reivindicacións de ASPAYM Galicia no marco do Día Internacional da Lesión Medular. Desde o PSdeG consideramos inaceptable que en pleno século XXI aínda existan barreiras que dificulten a vida das persoas con lesión medular e outras discapacidades. Por iso, manifestamos o noso compromiso de seguir traballando para que estas reivindicacións sexan escoitadas e atendidas.
A defensa dun sistema público de saúde forte e equitativo é unha das nosas bandeiras. Unímonos a ASPAYM na demanda de garantir que todas as persoas afectadas por lesión medular reciban unha atención sanitaria especializada e de calidade, sen importar en que lugar de Galicia residan. Non permitiremos que as trabas administrativas sigan sendo un obstáculo para acceder aos mellores tratamentos en centros de referencia como o Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo.
No PSdeG cremos que é o deber do goberno galego, e de todos os partidos con representación parlamentaria, atender estas necesidades con urxencia. Por iso, comprometémonos a presentar iniciativas lexislativas que fortalezan a Unidade de Lesionados Medulares do CHUAC e que promovan unha verdadeira accesibilidade universal. Non podemos seguir tolerando un modelo de accesibilidade que exclúa a parte da nosa cidadanía.
Ademais, apoiamos a demanda de ASPAYM de incrementar o investimento en investigación en neurorehabilitación e outras áreas crave, como unha estratexia imprescindible para mellorar a calidade de vida das persoas con lesión medular. Neste sentido, o PSdeG avoga por un Pacto de Estado que garanta os recursos necesarios para avanzar nesta dirección.
A política non pode permanecer allea ás necesidades dos que máis apoio requiren. Desde o PSdeG, non só apoiamos as reivindicacións de ASPAYM Galicia, senón que tamén tomaremos a iniciativa no Parlamento de Galicia para converter estas demandas en realidades concretas. É hora de que os compromisos coa igualdade e a xustiza social materialícense en accións contundentes.