Logo da sesión constitutiva das corporacións locais, o Partido Socialista mantense como a forza política que goberna dende os concellos a un maior número de galegos e galegas
17 de xuño de 2023. Logo de celebrarse este sábado as constitucións das corporacións municipais e a investidura de case todos os rexedores, o PSdeG reafirma a súa posición como a principal forza política progresista no ámbito municipal en Galicia, acadando 101 alcaldías ao abeiro dos resultados electorais do 28 de maio.
Deste xeito, o Partido Socialista consegue ser a formación que goberna dende os concellos a un maior número de cidadáns en Galicia, practicamente a metade da poboación, superando ao que sumarían en conxunto PP e BNG. As 101 alcaldías acadadas polos candidatos e candidatas socialistas entraba dentro das estimacións que facía a dirección galega, e podería ter algunha variación á alza unha vez que se
constitúan os concellos do partido xudicial de Noia, pois a sesión foi aprazada debido a un recurso. No caso do concello ourensán de Castro Caldelas, onde a candidata do PSdeG revalidou a maioría absoluta, foi incluído na lista das 101 alcaldías, se ben haberá que repetir a votación por un erro no reconto do voto por correo.
Á hora de situar as alcaldías socialistas, é na provincia da Coruña onde hai un maior número delas cun total de 32, contando entre as mesmas coa de Boiro, concello á espera de data para a constitución, pero onde non está en risco a maioría absoluta socialista. Os municipios cun alcalde ou alcaldesa socialista na provincia, ademais do xa citada Boiro, son os de Camariñas, Carnota, Cee, Cerceda, Dumbría, Mesía, Miño, Neda, Pontedeume, As Pontes, Santa Comba, Sobrado, Valdoviño, Vimianzo, que contan con maioría absoluta. Tamén gobernarán os socialistas en Ames Ares, Brión, A Capela, Cedeira, Culleredo, Dodro, Monfero, Muxía, Padrón, A Baña, Betanzos, A Coruña, Negreira, Bergondo, Padrón, Val do Dubra e Paderne.
Na provincia de Pontevedra, os socialistas logran acadar un total de 19 alcaldías coas que o 52% dos veciños e veciñas da provincia terán un alcalde ou alcaldesa socialista. Unha vez recollidas as actas polos novos concelleiros e concelleiras e das investiduras, o PSdeG fixo valer as maiorías absolutas acadadas en Vigo, Ponte Caldelas, Vilaboa, Nigrán, Fornelos, A Cañiza e Meis. Con maioría simple tamén tomaron posesión os alcaldes e alcaldesas de Silleda, O Grove, Cuntis, Gondomar e Tui. E, finalmente, como forza maioritaria na esquerda e gracias aos acordos de gobernabilidade tomaron posesión os alcaldes e alcaldesas de Vilagarcía, Caldas de Reis, Cambados, Forcarei, A Illa de Arousa, Redondela e Rodeiro.
Atendendo á provincia lucense, os socialistas fixéronse cun total de 25 alcaldías, cun gran número de maiorías absolutas entre as que se encontran as de Antas de Ulla, Castroverde, Cervantes, A Fonsagrada, Guitiriz, Láncara, Lourenzá, Meira, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ourol, Pedrafita, Pol, A Pontenova, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Trabada e Xermade. Haberá alcaldes a alcaldesas socialistas con maioría simple tamén en Burela, Foz, Lugo, Taboada, Vilalba e Viveiro.
Na provincia de Ourense hai un total de 25 alcaldías do PSdeG, a expensas da repetición electoral de Castro Caldelas. As que terán un rexedor socialista con maioría absoluta son as de Amoeiro, O Barco, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Castrelo do Val, Coles, Entrimo, Manzaneda, Maside, Melón, Parada de Sil, Petín, Pobra de Trives, Rairiz de Veiga, Taboadela e Vilamartín, así como, dun xeito provisional, a devandita de Castro Caldelas. Ademais, haberá gobernos socialistas tamén en Barbadás, O Bolo, O Carballiño, A Gudiña, Verín, Vilardevós, Maceda e Ramirás.