A deputada socialista Patricia Vilán e a portavoz do PSdeG en Soutomaior, Verónica Montero, visitaron hoxe as novas instalacións do IES de Soutomaior que Feijóo escolleu esta semana para inaugurar o curso de Secundaria . O presidente da Xunta obviou, dixo, as graves eivas que arrastra un edificio que tardou máis de dez anos en rematarse.
Vilán presentou no Parlamento unha batería de iniciativas nas que lle reclama ao goberno galego que dea conta da situación dun edificio novo que foi inaugurou sen que funcionaran os teléfonos nin internet. O inmoble carece de soportais, non ten patio cuberto, dispón dunha soa pista deportiva e o comedor non existe, xa que hai unha cafetería con 24 prazas e con capacidade para dar de comer a 30.
A responsable socialista lembrou que o compromiso do conselleiro de Educación en 2015 era de investir 5 millóns de euros para un edificio de 3 plantas, máis de 4.200 metros cadrados, soportais, pistas, ESO e Bacharelato, malia que esqueceron aulas e tiveron que reformar o proxecto para albergar efectivamente o Bacharelato.