Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de Atención á Drogodependencia dependentes dos concellos
A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Paloma Castro, urxiu hoxe á Xunta a liderar unha “reacción política” para combater o impacto da drogodependencia na sociedade galega. Castro presentou unha proposición non de Lei en Comisión parlamentaria para pedir olle á Xunta que asuma a xestión das Unidades de Atención á Drogodependencia e que reforce a partida destinada á loita contra o narcotráfico, pero que foi rexeitada polo PP.
Castro reclamáralle ao goberno galego que incrementara os recursos para poñer en marcha “mecanismos preventivos para transmitirlle á mocidade formación e información sobre os perigos e consecuencias do consumo de droga” nos . Reclamoulle á Xunta que mellore a colaboración institucional na loita contra o narcotráfico mediante a creación dunha mesa de traballo co goberno central.
A responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que cumpra coa moción presentada polo Grupo Socialista e aprobada en marzo de 2021 que lle reclamaba ao goberno galego un Plan galego de saúde mental e, entre outras cousas, que asumira as Unidades de Atención á Drogodependencia dependentes dos concellos para cumprir coa Lei xeral de Sanidade. Sen embargo, advertiu, 3 anos despois “aínda estamos esperando”.
Lamentou que o goberno galego estea a demostrar que “non ten ningunha vontade de asumir esta competencia”, e inicie urxentemente o proceso de xestión e financiamento íntegro destas unidades diante dos “incumprimentos unilaterais por parte da Xunta de Galicia”. Advertiu que o consumo de drogas é “un problema de saúde pública” que merece unha reacción integral, incidindo na sensibilización social sobre a súa importancia e tamén sobre os efectos do narcotráfico.
A responsable socialista alertou de que Galicia se ten convertido nun dos principais puntos de entrada de droga a Europa, provocando “unha gran onda expansiva” que deriva no repunte do consumo e da entrada de drogas. Urxiu ao goberno galego a reaccionar fronte a esta situación impulsando a colaboración institucional e reforzando as campañas de sensibilización fronte aos efectos nocivos do impacto da drogodependencia.