Paloma Castro propón aprobar un protocolo de boas condutas e campañas de prevención da violencia no deporte
O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que poña en marcha unha batería de medidas contundentes para atallar a violencia no deporte base. A iniciativa foi presentada pola portavoz de Deporte do Grupo Socialista, Paloma Castro, que reclamou “un ambiente seguro e saudable no deporte de base”, onde “a competición nunca xustifique a violencia”.
A proposta inclúe a petición de que o goberno galego aprobe un protocolo de boas condutas para que as entidades deportivas e os responsables da organización das competicións das categorías inferiores poidan previr a violencia. Tamén reclama campañas de prevención e represión da violencia e das condutas contrarias ao bo orde deportivo.
Castro advertiu que “non podemos permitir” este tipo de prácticas agresivas no deporte, e “moito menos no deporte base, que debera centrarse na educación, socialización e desenvolvemento persoal dos menores”, máis centrado na aprendizaxe que na presión e a competitividade.
Sinalou que “é responsabilidade de todos e todas traballar para que os nenos e nenas poidan desfrutar do deporte nun ambiente seguro e saudable, onde a competición nunca xustifique a violencia”. Salientou a importancia de dispor dun protocolo de boas condutas que permita “saber como actuar no momento en que se produce unha agresión”, o que resulta “esencial” para frear estas situacións e evitar que teñan unha maior magnitude.
Ademais, propuxo intensificar as competencias sancionadoras da Comisión Galega de Control da Violencia para que inicie de oficio os procedementos contra os feitos contrarios ás boas prácticas en materia deportiva, empregando as sancións como elemento disuasor. Tamén instou ao goberno galego a habilitar un mecanismo para facilitar que a cidadanía poida achegar pola vía electrónica as súas denuncias á Comisión Galega de Control da Violencia con facilidade.
Castro lembrou varios casos de agresións recentes nas categorías inferiores, incluíndo o máis grave deles, no que o avó do árbitro polo pai dunha das xogadoras dun partido de balonmán feminino da categoría cadete no Grove que derivou no seu falecemento logo de pasar 2 meses en coma. Advertiu que estes casos “contradín tódolos valores que a práctica deportiva pretende construír”, e chamou a “reflexionar sobre a sociedade que estamos a formar”.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a: