Paloma Castro lamenta que o PP se opoña a traballar por unha Galicia libre de prostitución
Esixe unha resposta contundente fronte á violencia machista: “Asasinan mulleres mentres a Xunta permanece inmóbil”
O Pleno do Parlamento aprobou hoxe parcialmente unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que incorpore a educación afectivo – sexual ao ensino obrigaotrio a partir do próximo curso. A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Paloma Castro, presentou esta iniciativa, na que o PP esixiu retirar o apartado que reclamaba loitar por unha Galicia libre de prostitución.
A iniciativa, aprobada parcialmente pola imposición do PP, inclúe un programa específico de formación ao profesorado en materia afectivo – sexual, e o incremento de programas de formación en igualdade e prevención da violencia machista en ámbitos como o sanitario, a educación ou a xustiza ou profesións relacionadas co eido social. Tamén reclama actualizar o protocolo de coordinación e cooperación institucional fronte á violencia de xénero en Galicia.
Obriga ao goberno galego a presentar de urxencia un informe de seguimento da execución do I Plan Galego contra a trata de seres humanos, e reclámalle que colabore coa Fegamp para implantar un Protocolo contra as violencias sexuais e LGTBIfóbicas nos espazos de lecer nocturno. Finalmente, pide impulsar campañas de sensibilización e información para contrarrestar as mensaxes negacionistas.
Castro lamentou que o PP esixira retirar da proposta puntos como perseguir a proxenetas e tratantes de seres humanos con fins de explotación sexual e traballar por unha Galicia libre de prostitución, garantindo sempre a protección das mulleres prostituídas. Tampouco quixeron modificar o decreto que fixa os requisitos para o recoñecemento e acreditación dos Centros de Información á Muller.
Tampouco quixeron comprometerse a abrir no ano 2025 os centros de crise 24 horas de Pontevedra e A Coruña, nin a estender rede de centros de acollida ou vivendas de transición para vítimas de violencia de xénero ás cidades de Pontevedra e Santiago.
Vergoña colectiva
A deputada socialista Paloma Castro lanzou unha chamada á acción para combater a violencia machista, un problema estrutural que definiu como “unha vergoña colectiva”. Castro lembrou na súa intervención no Pleno do Parlamento que este ano en Galicia catro mulleres perderon a vida a mans das súas parellas ou exparellas, “un drama que exemplifica o último paso na expresión de poder e posesión dun home sobre unha muller”.
A socialista desgranou os datos que arroxa en Galicia a violencia contra as mulleres: “Preséntanse unha media de 19 denuncias por violencia de xénero e no primeiro semestre de 2024, 448 mulleres solicitaron ordes de protección, das que só se concederon o 63,8%”. A pesar de contar cun marco lexislativo pioneiro, como a Lei 11/2007 galega para a prevención da violencia de xénero, a deputada criticou que “sen políticas públicas efectivas, estas leis non pasan do papel”.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
“O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a: