Carmen Dacosta empraza ao goberno galego a “pechar un acordo” cos compromisos económicos e “coordinarse para continuar coa seguinte fase das obras”
A Comisión de Sanidade do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que consensúe o Plan Funcional da Praza de Abastos núm. 1 de Ourense co Concello e os praceiros. A parlamentaria socialista Carmen Dacosta presentou esta iniciativa para reclamarlle á Xunta que acade o acordo dos axentes implicados.
A responsable socialista emprazou a Xunta, Concello e Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos a “consensuar o Plan funcional definitivo e pechar un acordo que recolla os compromisos económicos para a súa execución, e coordinarse para poder continuar coas seguintes fases das obras”. Sinalou que debe incorporar a “imprescindible participación externa de profesionais que garantan a xustificación técnica, necesidade e viabilidade das obras e das actuacións propostas.
Dacosta lembra que o proxecto de recuperación deste espazo urbano exemplifica o que é “unha oportunidade perdida e bloqueada pola parálise” do goberno local e da falta de dilixencia do actual alcalde de Ourense. Esta supuxo a perda definitiva da subvención do 1,5 por cento cultural para a reforma do edificio, así como da aprobación do proxecto de urbanización da contorna do edificio, a falta do plan funcional e o bloqueo da segunda fase da remodelación.
Subliñou que os socialistas galegos “apostaremos e defenderemos este proxecto estratéxico” posto en marcha baixo o goberno do PSdeG entre 2007 e 2012, e se puxo “a disposición de tódalas partes para colaborar ou apoiar en todo aquelo que supoña darlle continuidade e poder rematar coa súa apertura ao público o máis pronto posible”.
Gravísimo
A parlamentaria socialista cualificou de “gravísimo” que a portavoz do PP critique a iniciativa socialista e “veña a vanagloriarse” de que os Orzamentos da Xunta supostamente inclúan unha partida para esta actuación precisamente antes de que estes sexan presentados na Cámara autonómica, á que está previsto que cheguen o próximo sábado.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a: