Paloma Castro presentou a iniciativa na que o Parlamento lle reclama á Xunta que cumpra coa Lei de Igualdade e potencie a imaxe e a participación da muller no deporte
O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentada polo Grupo socialista para incrementar a presenza das competicións e o deporte feminino na programación e os informativos da CRTVG. A proposta, que foi debatida onte, resultou aprobada por unanimidade logo dunha transacción entre os grupos parlamentarios.
A proposta inclúe ademais a obriga do ente público de reforzar a formación de tódolos profesionais da Corporación en materia de Igualdade co obxecto de incluír unha perspectiva de xénero nas informacións, promovendo ademais a adscrición interna do persoal con formación ou experiencia acreditada no campo do deporte feminino.
Con esta iniciativa o Parlamento pídelle á Xunta que cumpra coa Lei de Igualdade de Galicia e se implique para potenciar a imaxe e a participación da muller no deporte, podenciando a imaxe da muller e o deporte a participación das mulleres nas actividades físico deportivas, promovendo un “cambio nos modelos de referencia do deporte feminino”.
A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Paloma Castro, advertiu na súa intervención de onte que o goberno galego non inclúe “nin un só euro” para o impulso do deporte feminino nos orzamentos de 2024. A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento para reclamar unha actuación transversal que inclúa o impulso do deporte feminino, a concienciación da sociedade e a imaxe pública nos medios, e que será votada mañá.
Castro criticou que a actuación do goberno galego para o impulso do deporte feminino “queda en declaracións de vontade” ao negarse a incorporar “ningún tipo de partida” nos Orzamentos, en contra mesmo das emendas do Grupo Socialista, que pedía unha partida de 1,5 millóns de euros para cumprir coa Lei para a Igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
A parlamentaria socialista reivindicou a decisión dos socialistas galegos de concederlle o premio Maruja Vázquez de Igualdade deste mesmo ano ás futbolistas galegas Vero Boquete e Paula Dapena como recoñecemento ao seu papel no deporte e a favor da igualdade de mulleres e homes. Subliñou que as e os socialistas de Galicia escolleron a dúas deportistas que teñen “dado a cara para defender a igualdade, converténdose en exemplos e referentes para moitas outras mulleres”.
Explicou que este recoñecemento é concedido “dende a humildade pero marcando o camiño” para a concienciación da cidadanía nun obxectivo que é “de xustiza” cando a día de hoxe, sinalou graficamente, “as nenas que queren xogar ao fútbol se atopan con que a maioría dos campos carecen de vestiario feminino e teñen que utilizar os dos árbitros”.
Advertiu que as mulleres, tamén no deporte, “están aínda lonxe de ocupar un espazo que lles pertence”, cando en Galicia tan só o 23,76 por cento dos e das 281.561 deportistas federados son mulleres. No caso concreto do fútbol, sinalou, a porcentaxe de mulleres federadas tan só supera lixeiramente o 7 por cento.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a: