Julio Abalde alerta de que o goberno galego está a recoñecer que o Plan de competitividade e sostenibilidade do marisqueo “non existe”
A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que poña en marcha de inmediato as axudas para os traballadores do mar afectados polas paradas biolóxicas. O portavoz de Pesca, Julio Abalde, presentou esta iniciativa fundamental para garantir a supervivencia de milleiros de postos de traballo afectados pola drástica caída da produtividade.
O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que poña en marcha de forma inmediata as medidas que deberían estar incluídas no Plan de competitividade e sostenibilidade do marisqueo de Galicia 2024-2025. Sen embargo, alerta de que as medidas que ten aprobado o goberno galego onte mesmo non teñen “nada que ver” coa defensa e o mantemento dos postos de traballo, ademais de que o dito Plan “non aparece para nada, co que están a recoñecer que non existe”.
Esixiulle á Consellería do Mar que poñan en marcha “de inmediato” o dito Plan e que constitúa un fondo de apoio e axuda aos traballadores do sector, que “non se ve en ningunha das medidas que anuncian cada semana.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a: