Silvia Longueira critica o desleixo do goberno galego á hora de promocionar os Bens de Interese Cultural de Galicia e facer cumprir a Lei de Patrimonio de Galicia
A Comisión de Cultura do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que garanta o cumprimento da Lei que regula a apertura ao público dos Bens de Interese Cultural. A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Silvia Longueira, lamentou o desleixo do goberno galego á hora de facer cumprir coa norma “que eles mesmos aprobaron”.
A responsable socialista aludiu á Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, que obriga a abrir os monumentos para a súa visita gratuíta catro días ao mes, pero á hora da verdade “non somos capaces de que a Igrexa nos diga onde, cando e como podemos visitar” os monumentos dos que dispoñen.
Esixiulle ao goberno galego “que faga o que teña que facer”, e afeoulle que eludan o seu deber de facer cumprir coa norma. Subliñou que “se hai un BIC e tes unhas determinadas exencións tamén tes dereitos e tes deberes, e se non os cumpren será que ninguén llelo esixe”.
A parlamentaria socialista lembrou que en Galicia hai rexistrados 783 Bens de Interese Cultural, 110 deles incorporados dende o ano 2016, e reclamoulle ao goberno galego que cumpra coa súa obriga de promover o coñecemento do patrimonio por parte dos galegos e das galegas e que planifique a difusión e posta en valor destes bens.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a: