Silvia Longueira sinala que o incremento significativo do número de persoas en risco de pobreza ou exclusión evidencia o fracaso das políticas do goberno galego
A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias logo de coñecer as conclusións do último informe sobre a pobreza elaborado po EAPN Galicia. A responsable socialista urxe ao goberno galego a elaborar e aprobar de urxencia un Plan de Choque transversal para activar tódolos recursos do goberno galego contra o incremento desmedido do número de persoas en risco de pobreza ou exclusión.
A responsable socialista alerta de que o aumento de 50.000 persoas en risco de pobreza e exclusión, con especial incidencia nas mulleres e nenos, evidencia o fracaso das políticas do goberno galego.
Explicou que 690.000 galegos e galegas en risco supón o fracaso “non só da política social ou da loita contra a pobreza”, senón que “evidencia que a calidade do emprego é absolutamente insuficiente, a política de vivenda queda moi lonxe dos seus obxectivos, e a rede de apoio á cidadanía é absolutamente deficiente.
Advertiu que 1 de cada 4 galegos e galegas vive en risco de pobreza ou exclusión social, o que supón “un problema transversal que esixe unha resposta transversal do goberno galego”. Sinalou que de acordo con estes datos a pobreza acada mesmo á xente traballadora, apunta especialmente ás mulleres, sinaladamente ás nais solteiras ou separadas, e sobre todo aos nenos e nenas, cun incremento “intolerable” da pobreza infantil nos fogares con menores, ata o 27,1 por cento.
A parlamentaria socialista esixiulle ao goberno galego que inclúa neste Plan contra a Pobreza “orzamento, prazos e medidas concretas e medibles” co obxectivo único que “reverter esta preocupante situación dos fogares galegos”. Reclamou ademais que “executen na súa totalidade os orzamentos destinados a políticas de vivenda, emprego e de loita contra a pobreza”.
ademais á Xunta que colabore coas entidades do terceiro sector para poñer en marcha, nun prazo de 4 meses, dun Plan estratéxico para afrontar a situación de exclusión e vulnerabilidade. Tamén urxiu a desbloquear a Lei de Inclusión de Galicia, logo de “anos anunciando e proxectando a súa redacción”.