Elena Espinosa cuestiona a comparecencia do actual conselleiro de Sanidade na Comisión de Investigación do sobrecuste de 470 millóns na construción do Álvaro Cunqueiro e os contratos irregulares da Xunta
A viceportavoz do Grupo Socialista, Elena Espinosa, negouse hoxe a interpelar ao actual conselleiro de Sanidade na Comisión de Investigación na Comisión de Investigación do sobrecuste na construción do Hospital Álvaro Cunqueiro e os contratos a dedo da Xunta. Sinalou que a súa comparecencia evidencia que Xunta e PP queren converter o órgano “nun paripé” e que “non ten a mínima intención de que se investigue nada”.
A responsable socialista reduciu a súa intervención no órgano porque, dixo, “este Grupo non vai prestarse para ir de comparsa nesta Comisión de Investigación: vostede si, nós non”, e para “non roubarlle nin un minuto do seu tempo” para deixalo “loitar polos problemas que ten a sanidade”.
Explicou que o actual conselleiro, que foi nomeado o 14 de abril de 2024, ten unha relación “cero” coa construción do Álvaro Cunqueiro que foi obxecto do informe do Consello de Contas e da investigación desta Comisión. Subliñou que “que este grupo parlamentario saiba, o seu labor céntrase no cancro xenitourinario, no de pulmón e na radioxenómica, e non investigou a contratación da Xunta de Galicia”.