Julio Abalde critica que as análises e estudos do insituto non teñen repercusión nas decisións que adoita a Consellería do Mar para atallar descenso das capturas
O deputado do PSdeG lembra que é responsabilidade do Goberno galego revisar os sistemas de saneamento para evitar a contaminación fecal que se detecta nas rías
O deputado do PSdeG Julio Abalde criticou hoxe a inacción da Xunta ante o descenso continuado da produción de moluscos nas rías galegas durante os últimos 15 anos. Durante a comparecencia da directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento, preguntouse “que se fai cos datos” que o organismo autonómico leva reunindo “desde hai 25 anos”.
Abalde recordou que existe unha elevada mortandade nos bancos marisqueiros mentres por parte do Goberno galego “non se desenvolve ningunha actuación para corrixila”. Sinalou, por exemplo, a presenza de contaminación por fecais, “responsabilidade da Xunta” por canto é a súa competencia “revisar os sistemas de saneamento”. “A responsabilidade do Intecmar é obter datos, pero é uha responsabilidade política achegar solucións para garantir o futuro do sector marisqueiro”, insistiu.
O parlamentario socialista lembrou que o Centro para o Control da Calidade do Medio Mariño creouse en 1992 “para poñer en marcha unhe rede de alerta e detección de mareas vermellas e a presenza de biotoxinas nos moluscos”, e que incrementou a súa capacidade cando se transformou no Intecmar. Os seus mostreos ofrecen “datos valiosos” sobre a calidade microbiolóxica, a presenza de contaminantes químicos, a situación dos bancos, a mortalidade e a incidencia de parásitos. Dispón tamén de indicadores sobre correntes, características fisicoquímicas das augas. Todo iso, reunido ao longo dun cuarto de siglo, “debería permitir realizar estudos de conservación e plans de predición da evolución das rías”, detallou Julio Abalde.
“Porén –sinalou–, a Xunta non usa eses traballos para adoitar medidas que eviten a situación do sector marisqueiro. A consellería no os ten en conta e pasan os anos sen que tome accións decididas para reverter o problema”. Denunciou, ademais, que “unicamente no 2023 utilizou eses datos para reclamar a declaración de zona catastrófica, aínda que xa sabía que non se cumprían os requisitos”.
Abalde censurou que o Goberno do PP se “agoche” tras unha presunta ausencia de datos, “repartindo competencias e respnsabilidades entre outras administracións”, ademais de negar o efecto do cambio climático, en vez de facer fronte ás súas competencias exclusivas en marisqueo. “Queda claro que non toma as decisións necesarias tendo na súa man a información precisa para elo”, remarcou antes de lamentar que as políticas da consellería “lastren” a un sector tan importante para a economía galega e aos seus traballadores e traballadoras.