Leticia Gallego solicita no Parlamento a estabilización laboral dos investigadores e medidas para evitar a fuga de talento
A viceportavoz do Grupo Socialista, Leticia Gallego, instou á Xunta a frear a fuga de talento aumentando o investimento dedicado a investigación ata equipararse á media das rexións europeas e do resto de CCAA de España. Presentou unha iniciativa parlamentaria na que tamén incluíu a solicitude de medidas para unha maior estabilidade dos técnicos e investigadores do ente público, así como para evitar a fuga de talento mozo.
Gallego esixe medidas dirixidas a mellorar as condicións laborais para reter ao persoal investigador, permitíndolles “consolidar unha carreira pública estable e previsible para o persoal técnico e investigador, equivalente á dos países máis avanzados”. Reclámalle á Xunta que aumente a inversión pública en I+D+i, “concretamente en centros de investigación, universidades, centros tecnolóxicos, clústers e outros axentes do sistema”.
A responsable socialista reivindícalle finalmente á Xunta unha serie de medidas dirixidas a “garantir o cambio xeracional e a atracción de talento, así como garantir o principio de igualdade efectiva entre mulleres e homes” no sector da investigación.
Gallego presentou estas propostas fronte á “precaria situación da investigación en Galicia”, xa que no 2021 Galicia tivo 100 € menos de inversión por habitante en I+D+i ca media de España, e incluso gastando case un terzo do que comunidades como o País Vasco, Madrid ou Navarra.
A representante socialista destacou que a comparativa coa Unión Europea non é mellor, xa que o gasto público en I+D+i é un 36% menos da media da UE e o desembolso empresarial un 68% inferior do gastado en Europa. Estes datos indican que non se está a xerar investigación nin no sector público, nin no sector privado cerca das cifras do entorno comunitario.
Esta falta de inversión ten como consecuencia os outros dos problemas do sector que o Grupo Socialista insta a solucionar. En primeiro lugar, a inestabilidade laboral do persoal técnico e investigador no sector público, o que “impide que se plantexen facer carreira no ente público”.
En segundo lugar, a fuga de cerebros afectou a Galicia por riba doutras CCAA “lesiva dende o punto de vista social e económico”. Por iso, a viceportavoz socialista recordou que “faise preciso garantir o cambio xeracional coa retención e atracción de talento mozo, moitas veces xa emigrado a outros países de Europa que comprenden mellor a importancia de investir en investigación”.