Begoña Rodríguez Rumbo lamenta que a actividade do órgano consultivo sexa “moi limitada”, cando estamos nunha crise sanitaria, económica e social que faría “máis necesaria ca nunca os seus informes”
A voceira de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, vén de criticar a “inacción” do Consello Económico e Social de Galicia durante a pandemia da covid. Fíxoo trala expososición dunha pregunta na Comisión de Economía do Parlamento de Galicia.
Rodríguez Rumbo criticou que, durante o ano 2020, a actividade do CES fose “moi limitada” cando “a aparición da covid que desencadenou unha tripla crise”, de carácter sanitario, económico e social, que faría “máis necesario ca nunca” os informes deste órgano consultivo.
Así, subliñou que “as limitacións á mobilidade non deberan impedir o desenvolvemento das obrigas do CES” que “como órgano consultivo institucional da Xunta de Galicia que é, ten unha importancia singular á hora de analizar a situación socioeconómica de Galicia, así como de facer recomendacións en base a ese análise”.
“Case un ano despois da declaración do estado de alarma, 6 meses despois de aprobar a memoria socioeconómica de Galicia de 2019 e dous meses e medio despois da comparecencia do persidente do CES, os deputados e deputadas desta cámara nada sabemos da actividade desenvolvida polo CES durante este tempo, incumprindo claramente coa súa función establecida na lexislación vixente”, sentenciu.
A responsable socialista lamentou que ao buscar a “actividade desenvolvida no 2020, vemos que no apartado de ditames o único que aparece é o correspondente anteproxecto de lei de impulso demográfico, aprobado no mes de xaneiro, antes da declaración do estado de alarma”.
Así, continuou, “no apartado de informes, só dous corresponden a 2020”, un sobre a situación da muller no limiar de 2020, e outro sobre o Camiño de Santiago-vía da Prata, ambos “con data de entrada tamén anterior á declaración do estaedo de alarma”.
Ademais, sinalou Rodríguez Rumbo, “nos aparatados de informes-opinión, o último catalogado data de 2002” e “no apartado de xornadas, o último data de 2017”.
Por último, a responsable socialista lembrou que, no limiar da memoria do CES correspondente a 2021, recoñece a “necesidade” de que o propio organismo achegue “coñecemento e ferramentas para que o goberno galego poida adoitar medidas e solucións para saír canto antes, co menor dano, desta crise”. Así, instoulles a realizar “recomendaciones inmediatas”, xa que nestas circunstancias, “as medidas non poden esperar”.