O Grupo Socialista no Parlamento de Galicia apuntou hoxe que a sentencia sobre o caso Maruxaina deixa “absolutamente clara a necesidade de introducir a perspectiva de xénero no acceso á carreira xudicial”.
Ao fío desta sentencia, as e os socialistas consideran que o ocorrido foi “un flagrante atentado á intimidade das mulleres motivado, única e exclusivamente, por unha cuestión de xénero”.
Nesta liña, o grupo socialista subliña que esta situación “pon de manifesto a enorme importancia que segue a ter a día de hoxe que poñamos os lentes morados en todos os eidos” para non caer en “visións patriarcais da sociedade”.
Por último, o Grupo Socialista avoga por seguir incrementando os mecanismos de cobertura e defensa das mulleres.
Nesta liña, neste momento estase a tramitar no Parlamento galego unha modificación lexislativa para introducir a violencia de xénero dixital como unha forma de violencia máis para ampliar o abano de protección ás mulleres e adaptalo ás novas formas de vulneración dos seus dereitos a través de novos medios e modelos vinculados á tecnoloxía.