Na visita, o candidato a eurodeputado do PSdeG-PSOE puido coñecer as instalacións que recibiron o apoio do FEMP e dos Fondos de Recuperación.
O eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares visitou hoxe as instalacións de Orpagu en Tui, onde a Organización de Palangreiros Guardeses conta cun moderno recinto que cumpriu un ano e con capacidade para almacenar nos seus sistemas de refrixeración ata 3.000 toneladas dando o servizo á flota de plangre máis importante da UE. Alí foi recibido por Juana Parada, xerente da OPP (Organización de Productores de Pesca).
González Casares destacou que esa nave “é un modelo da Economía Azul que defendemos os socialistas, unha industria que permite o procesado e almacenamento intelixente das capturas da flota para a súa posterior comercialización, todo en territorio galego e con apoio europeo”. Así González Casares sinalou que “unha visita a estas instalacións a pleno rendemento dan conta da intensidade do traballo que fai esta organización pesqueira.
O socialista defende que a planta dotada da máis mdoerna tecnoloxía e con espazos para a formación ten na sostibilidade un dos seus principais factores a destacar “pois é capaz de producir unha parte da súa propia enerxía e ao tempo que é tremendamente eficiente cumprindo de xeito satisfactorio cos máis altos estándares de reducción de emisións” e afirmou “que a Comisión Europea as veces insistiu en exceso na sostibilidade , pois aquí teñen unha proba de que o sector pesqueiro galego cumpre”.
Así González Casares asegorou que vai defender ao sector do palangre ante os retos da próxima lexislatura “pois hai moitas ameazas para o mesmo por parte de sectores que non teñen en conta o aspecto social e económico desta actividade e non asumen que a pesca galega e europea xa cumpren cos maiores estándares de respecto aos oceános de todas as que existen, polo que na nosa proposta de reforma da Política Pesqueira Común as demandas do palangre son recollidas”.
González Casares lamentou que a Xunta deixara sen usar o 60% dos fondos do FEMP que lle corresponderon no anterior período provocando a perda de moitas oportunidades que agora paga toda a pesca galega e contrapuxo que “en Orpagu sí que foron capaces de sacarlle proveito ás oportunidades da UE e esta nave, un investimento de primeiro nivel que crea decenas de empregos tamén en terra, pois foron beneficiados polo FEMP en primeira instancia e despois polos Fondos Next Generation que o PP tratou de obstaculizar”, ORPAGU.
Trátase dun referente do sector palangreiro a nivel europeo e mundial, radicada en A Guarda ,a asociación de palangreiros puxo en marcha as súas instalación máis importantes en terra na localidade de Tui por cuestións loxísticas. Conta cunha planta frigorífica no parque empresarial de Areas (Tui), cunha capacidade de almacenamento de 3.000 TN, distribuídas en dúas cámaras (unha delas con estantes automáticos para mercadoría paletizada), unha sala de I+D, e unha pequena sala de procesado.
Na nave investironse máis de 8 millóns de euros, con 7,2 millóns de axudas públicas entre fondos europeos e nacionais (5,4 e 1,8 millóns de euros, respectivamente) e foi inaugurada polo ministro Luis Planas en novembro de 2022.