A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Patricia Otero, lamentou esta mañá a “mera propaganda” realizada pola secretaria xeral de Emprego na súa comparecencia na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego. A responsable socialista denunciou que, pese ás “palabras” da Xunta, “os datos indican un mundo diferente” e peor para os traballadores e traballadoras.
Considera “especialmente preocupante” o aumento dun 7 por cento do desemprego de persoas con discapacidade, o incremento da taxa de risco de pobreza en menores de 24 anos e o número de familias con pobreza material. Centrándose no caso do emprego nas persoas discapacitadas, explicou a importancia da incorporación destas ao mercado laboral pois permítelles levar unha vida plena e abandonar a situación de dependencia, gañándose un sitio na nosa sociedade.
Otero comparou o baixo peso da política social na economía galega, que en España é un 10 por cento do PIB e en Galicia apenas un 4,5 por cento, e sinalou que a Xunta “está moi lonxe de dar o impulso necesario neste sector”. Criticou este “criterio economicista” mostrando como é aplicado “irresponsablemente” con exemplos como os recortes en saúde e seguridade no emprego a pesares de que do aumento de accidentes laborais.
A responsable socialista alertou das “graves carencias” demostradas na política social desenvolta polo goberno galego e reclamou “soporte real” para as persoas con discapacidade e as familias en situación de pobreza material.
Consello Galego de Economía Social
A deputada socialista afirmou que a creación do Consello Galego de Economía Social en decembro de 2018, dous anos despois do previsto pola lei, é representativo da pouca importancia que a Xunta de Galicia dálle a este sector e a lei para o único que serviu e para permitirlle a Feijoo “comerciar” cos servizos sociais.
Rematou sinalando que a non inclusión das principais patronais e sobre todo, dos principais sindicatos deste órgano evidencian unha vez mais a enorme falta de contidos destas políticas incapaces de solucionar os problemas de Galicia.