O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, anunciou hoxe unha batería de iniciativas parlamentarias para trasladar o apoio do PSdeG á plantilla da refinería de Repsol en A Coruña e reclamarlle á Xunta que se implique para frear o “ianceptable ERTE” planteado pola empresa. Pídelle ao goberno galego que presione á empresa e faga valer a súa Respnsabilidade Social Corporativa para reconsiderar a medida.
Seco apunta que “non poden castigar a unha plantilla que deu o mellor de si nos momentos máis difíciles da pandemia, mantendo a actividade e o subministro de caburantes para a poboación e o transporte de mercadorías”. Reclama o respaldo do goberno galego á plantilla facendo valer as súas competencias e o posible apoio ás manifestacións de interese aos proxectos Next Generation que ten presentado ante os gobernos de España e Galicia.
O ERTE, explica, afectaría a un máximo de 212 traballadores e traballadoras, o que supón o 31 por cento do cadro de persoal para aforrar “menos de 5 millóns cando veñen de recibir unha indemnización de máis de 11 millóns ao directivo Suárez de Lezo por saír da empresa, e cando Josu Jon Imaz ou Brufau cobran máis de 2 millóns anuais cada un.
Sinala que “unha empresa como Repsol non pode utilizar este tipo de armas negociadoras para tratar de amedrentar aos representantes dos traballadores no inicio da negociación dun novo acordo marco do Grupo e os posteriores convenios colectivos”.
Engade que o plantexamento da empresa de rebaixas salariais e sociais inaceptables “da a entender o porque do ERTE”, que sitúan nas causas produtivas da pandemia precisamente “cando se vislumbra a fin da crise e un aumento da mobilidade coa vacinación masiva e a fin do Estado de Alarma”.