Urxe á Consellería que repare tamén as fiestras do colexio Alexandre Bóveda, tal e como se comprometeu o Executivo galego hai case un ano
A deputada socialista Leticia Gallego reclamou hoxe á Xunta que realice de forma urxente as obras de ampliación do IES Pedro Floriani de Redondela. Fíxoo, tras presentar unha batería de iniciativas no Parlamento para instar ao goberno galego a que asuma os compromisos acadados co municipio.
“Unha vez máis, a Xunta non cumpre co comprometido”, denunciou a dirixente socialista, tras requirir ao goberno galego que aborde, tal e como se comprometeron “hai case un ano” a delegada territorial da Xunta e o xefe territorial da Consellería de Educación nunha xuntanza coa alcaldesa de Redondela, a abordar varias cuestións relacionadas co ámbito educativo no municipio.
Entre elas, se atopan a licitación das obras de ampliación do IES Pedro Floriani que permitirían incorporar catro novas aulas para dar resposta á demanda educativa existente no concello, así como a reparación das fiestras do CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda.
Estas dúas actuacións, que pretenden paliar unha necesidade existente no municipio, veñen sido reclamadas por parte da comunidade educativa redondelá e do Concello de Redondela de forma reiterada nos últimos anos.